Programa Municipais 2023

BNG Touro con árbores da Santaia de fondo

 

Touro, despois de 30 anos con gobernos municipais continuístas, está ante un fin de ciclo político.

        Estamos nun momento de cambio. Este cambio debe ser liderado polo BNG se queremos que sexa un cambio transformador. O BNG é garantía de traballo e honestidade. É unha forza na que se pode confiar, que conta con un equipo humano preparado e un proxecto de futuro para este concello.

       O BNG garante un novo xeito de gobernar poñendo as persoas no centro. Demostrámolo nos concellos onde gobernamos, exemplos de políticas transformadoras.  Demostrámolo en Touro durante estes anos con un labor de oposición crítica pero tamén construtiva, presentando propostas novidosas para dar resposta ás necesidades da  veciñanza e ás carencias do goberno municipal. Propostas que desenvolveremos nos próximos catro anos e que presentamos a continuación.

Servizos e benestar social

  • Esixir un servizo médico continuado acorde ás necesidades do noso concello e demandar a ampliación dos servizos prestados no centro de saúde.
  • Mellorar o transporte público adaptándoo ás novas necesidades e demandas da veciñanza.
  • Establecer un horario do Punto de Atención á Infancia, así como os veráns lúdicos, en base as necesidades das nais e pais.
  • Colaboración activa co CPI, implantando a realización de actividades extraescolares despois do remate da xornada lectiva.
  • Xestión directa do servizo de madrugadores por parte do concello.
  • Axilización na creación do centro de día.
  • Mellora na conexión dixital do concello.
  • Programas específicos para persoas maiores, de actividades ocupacionais e físicas por parroquias.
  • Recollida, catalogación e posta en valor do patrimonio inmaterial dos nosos maiores: contos, lendas, cantigas, feiras, festas... creando un arquivo do mesmo e coa súa publicación nas plataformas dixitais do concello.
  • Estudo da posibilidade de municipalizar o servizo de asistencia no fogar.

Medio Ambiente

  • Solución integral e definitiva ao problema da contaminación da mina rexeitando a súa reapertura.
  • Ampliar a rede de saneamento, comenzando por aquelas aldeas onde é máis necesario.
  • Garantir o suministro de auga en épocas de seca estudando a posibilidade da captación nun dos encoros do río Ulla.
  • Axilizar as xestións para a creación dun punto limpo no concello.
  • Compra dunha trituradora para restos de poda. Plan de usos para poder ser usado polos veciños e veciñas.
  • Mellora na xestión do lixo. Fomentar a separación en orixe, a recollida selectiva, a compostaxe caseira e outras iniciativas de reciclaxe.
  • Plan de aforro enerxético coa substitución total de todas as luminarias públicas por lámpadas de baixo consumo e colocación de paneis solares en todas as instalacións municipais.
  • Estudo da posibilidade de crear unha comunidade enerxética Local.

Desenvolvemento económico

  • Apoio ao comercio de proximidade, á venda directa de produtos coa posta en marcha, en colaboración cos produtores locais, dunha plataforma dixital de venda online.
  • Fomento da feira do día 5 coa celebración de feiras temáticas segundo a época do ano.
  • Estudar a posibilidade de realizar unha feira anual agrogandeira.
  • Creación dun viveiro de empresas no polígono empresarial con axudas municipais para a súa instalación.
  • Adaptar os obradoiros de emprego e cursos de formación aos oficios con máis demanda e a novas actividades como empresas sociais de recuperación e preparación para a reutilización de roupa, aparatos electrodomésticos, restauración de mobles antiguos... de recuperación de especies frutículas (froita, vides,...) con cursos de cultivo, poda, enxerto, aplicación de fitosanitarios, transformación, etc.
  • Aproveitar os novos nichos de emprego en políticas públicas -igualdade, lingua,.... a custo case cero para o concello.
  • Creación dunha rede municipal ou comarcal de empregabilidade.

Vivenda

  • Realizar un estudo das necesidades de vivenda no concello.
  • Demandar á Xunta a posibilidade de promoción de construción de vivendas pública no concello.
  • Promocionar a rehabilitación de casas para uso de vivenda habitual e aumentar así a oferta de vivenda no concello.
  • Crear un plan de usos das escolas parroquiais para que poidan ser utilizados según as necesidades de cada parroquia.

Transparencia e Participación cidadá

  • Derogación da ordenanza municipal que establece as taxas para a realización de exames para acceder a un posto de traballo municipal.
  • Establecer un rexistro actualizado de asociacións e un regulamento que garanta a concesións de axudas con criterios obxectivos.
  • Crear un regulamento de participación cidadá que regule a participación da veciñanza nos plenos.
  • Posibilitar que a veciñanza decida a que se destina unha parte do orzamento municipal a través dos orzamentos participativos.
  • Actualización continua e ampliación da información publicada na web e apps do concello.

Urbanismo e ordenación do territorio

  • Cambio paulatino do mobiliario urbano máis adaptado e integrado ao entorno empezando pola sinaléctica.
  • Adecentamento e reurbanización dos núcleos urbanos que prime un urbanismo máis humano.
  • Estudo da posible actualización do PXOM.
  • Elaboración dun plan de estradas municipal priorizando a conservación e mellora das vías principais.
  • Demandar á Deputación a mellora das estradas provinciais que pasan polo concello.
  • Defender a multifuncionalidade do monte e subvencionar a plantación de especies frondosas autóctonas.
  • Creación de sendas verdes interparroquiais e intermunicipais.
  • Ampliación das rutas de sendeirismo e realización de rutas e roteiros explicativos.
  • Realización dunha área de lecer no Ulla.

Cultura, deporte e ensino

  • Creación dunha oferta cultural continua que teña en conta as demandas da mocidade.
  • Apoio á banda de música e aos grupos de música local poñendo a súa disposición locais de ensaio e fomentando a súa actuación ao longo do concello.
  • Creación de escolas deportivas no concello e mantemento das instalacións deportivas.
  • Construción dunha pista de pádel e estudo da posibilidade de dotar á piscina municipal dunha cuberta extraible para poder usala todo o ano.
  • Mellora do ximnasio co estudo da posibilidade de crear un novo mellor dotado.
  • Creación de bolsas para axudas ao estudo, para casos de necesidade e para o estudo de aspectos singulares do concello.
  • Mellora da biblioteca municipal.
  • Proxecto de posta en valor de todo o noso patrimonio natural e cultural para integralo na oferta cultural e turística do concello.
  • Fomentar a mellora de servizos ao longo da ruta ciclista eurovelo e demandar á Xunta a inclusión do camiño primitivo Arzúa-Amenal como itinerario histórico, como primeiro paso para a sua utilización como alternativa ao camiño francés.

 

Co teu apoio podemos conseguilo!
Touro Merece Máis!